Publicacións

ANIVERSARIOS

Imaxe
  ANIVERSARIOS Hoxe cumpren 4 aniños HUGO e JULIA!! Con JULIA celebramos pola mañá o seu aniversario na clase. Soprou a nosa tarta e cantámoslle as cancións de aniversario.  Como  eramos pouquiños, berramos moito! 🎵😀🎵 E o seguinte enlace vai dedicado a HUGO, para que saiba que aínda que hoxe non puidemos cantarlle o "Cumpleanos Feliz",  prontiño o faremos PARA TI, HUGO, ESTA CANCIÓN... A vindeira semana, que tamén cumpre XOEL, celebraremos en condicións  todos os aniversarios de marzo! 👏🏽👏🏽👏🏽 ................................. E xa que estamos festexando... Aquí abaixo vos deixo unha fichiña cunha tarta para que lle poñades tantas candeas como aniños teñades. Podedes coloreala, debuxarlle as candeas ou facelas con churriños de plastilina. Non vos esquezades de escribir o voso nome  e o número de aniños que tedes.  Seguro que o facedes fenomenal!!! TARTA Se non tedes impresora, mamá ou papá pode debuxar unha tarta nun folio e listo! FELICIDADES AOS QUE CUMPREN ANIÑOS E

IOGA

Imaxe
  IOGA Hoxe toca facer un pouco de exercicio relaxado, así que vos deixo un vídeo onde nos ensinan algunhas posturas de Ioga para nenas e nenos.  Se o practicades en familia seguro que disfrutades moitísimo máis!! Xa que o vídeo titúlase "El cuento de las mariposas", que vos parece se facedes unha bolboreta? Podedes utilizar cousiñas que teñades pola casa (rollo de papel hixiénico, pinzas, cartolinas, cartón, rotus...) Aquí abaixo tedes varias ideas que vos poden inspirar... RECORDADE QUE VOS QUEREMOS MOITÍSIMO!!! 😍😍😍

UNGA BALUNGA

Imaxe
  UNGA BALUNGA No cole imos cantar esta canción da Prehistoria, que vos parece si a cantades vos tamén na casa?? Xa vedes que na canción fala de que os Prehistóricos vestían con peles...  Se vos apetece, podedes: -  imprimir a fichiña do enlace de abaixo, colorear e copiar as letras. -  se non tedes impresora, podedes escribir nun folio cortado en catro partes as letras da palabra ROPA para despois xogar con elas: as decorades, as revolvedes e as ordenades ata que formen de novo a palabra  NO SEGUINTE ENLACE PODEDES DESCARGAR A FICHIÑA ⬇️ FICHIÑA ROUPA PREHISTORIA ENVIÁMOSVOS UN BICO MOOOOI GRANDE!! 💗

CRONIÑÓN

Imaxe
  O conto de CRONIÑÓN Ola nenas e nenos!!  Recordades que estamos a aprender cousas da Prehistoria e os seus descubrimentos?? Hai días, na clase contamos o conto de Croniñón . Veña! Imos recordalo con este vídeo: Gustouvos? Pois agora propoñémosvos unha cousiña...  Que vos parece se facedes pegadas como as do neno prehistórico? Se na casa tedes pintura, podedes facelas estampando as vosas mans nun papel... Se non é así, debuxade cun lapis o contorno da man e logo un maior pode axudarvos a recortalas Podedes facer as pegadas de todos os da casa, seguro que o pasades moi ben!! Ata mañán!  Recordade que na clase   botámosvos moitísimo de menos!! ❤️

CAPERUCITA ROJA

Imaxe
  Ola laciños!! Hoxe na clase adicamos un ratiño a CAPERUCITA ROJA... Contamos o conto e o representamos entre nós.  Na casa tamén podedes facer teatro con papá, mamá e (se tedes) algún irmán... Seguro que o pasades moi ben! Aquí tedes un vídeo cuns personaxes moi cantaríns: E para rematar e se vos apetece, podedes colorear a Caperucita FICHA CAPERUCITA ROJA  (para imprimir a Caperucita, pinchade aquí) DISFRUTADE MOITO DA FIN DE SEMANA!!

SON UN TROGLODITA!

Imaxe
  Ola nenas e nenos!! Aquí estamos de novo... Hoxe a nosa proposta é que vos convirtades en TROGLODITAS! Esta semana imos decorar a nosa porta con corpiños cavernícolas que pintaremos na clase. Vós tamén podedes facelos na casa e, cando voltedes ao cole, traelos para engadilos á nosa "cova" Na parte de abaixo desta publicación tedes un enlace para obter o/a cavernícola COMO FACELO?? - Coloreade as pernas, brazos e o mazo que leva na man - A roupa decorádea como queirades. A que faremos na clase deixarémola de cor branca e poñerémoslle pegadas marróns ou negras cos dediños. Pero, non vos preocupedes se non tedes témperas na casa, seguro que vos queda preciosa co que decidades facer - A cabeza non é necesario que a coloreedes porque imos recortala e substituíla pola vosa foto. Tamén, con lá de cor negra, faremos unha melenaza moi prehistórica :) SON UN TROGLODITA   (pincha aquí para imprimir a ficha do troglodita) Botámosvos moitísimo de menos!!

DÍA DO AMOR

Imaxe
  14 DE FEBREIRO - DÍA DO AMOR Ola nenas e nenos! Coma onte foi o día do AMOR, para celebralo estivemos a traballar este sentimento xunto con temas tan importantes como o respecto e a amizade. Ademais aprendimos as letras desta palabra: A-M-O-R.   Na aula tiñamos unhas tarxetiñas destas letras e fixemos así:  despois de mirar ben a palabra, misturamos as tarxetas e xogamos a ordenalas Na casa, coa axuda de mamá e papá, podedes facer algo parecido: cortades un folio en catro partes, un maior escribe cada unha das letras nas partes da folla e finalmente deberedes intentar colocalas ben... Seguro que o conseguides!! AMOR  (pinchar aquí para imprimir a ficha) Como facer a fichiña?  1- Escribide o voso nome no rectángulo inferior 2- Copiade nos cadrados as letras da palabra AMOR 3- Decorade o corazón (podedes colorealo, pintalo con pincel, pegarlle cachiños de papel... o que queirades!)