DÍA DO AMOR

 

14 DE FEBREIRO - DÍA DO AMOR

Ola nenas e nenos!

Coma onte foi o día do AMOR, para celebralo estivemos a traballar este sentimento xunto con temas tan importantes como o respecto e a amizade.

Ademais aprendimos as letras desta palabra: A-M-O-R.  

Na aula tiñamos unhas tarxetiñas destas letras e fixemos así:  despois de mirar ben a palabra, misturamos as tarxetas e xogamos a ordenalas

Na casa, coa axuda de mamá e papá, podedes facer algo parecido: cortades un folio en catro partes, un maior escribe cada unha das letras nas partes da folla e finalmente deberedes intentar colocalas ben... Seguro que o conseguides!!





AMOR (pinchar aquí para imprimir a ficha)

Como facer a fichiña? 

1- Escribide o voso nome no rectángulo inferior

2- Copiade nos cadrados as letras da palabra AMOR

3- Decorade o corazón (podedes colorealo, pintalo con pincel, pegarlle cachiños de papel... o que queirades!)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ANIVERSARIOS

CRONIÑÓN