ANIVERSARIOS

 ANIVERSARIOS

Hoxe cumpren 4 aniños HUGO e JULIA!!

Con JULIA celebramos pola mañá o seu aniversario na clase. Soprou a nosa tarta e cantámoslle as cancións de aniversario.

 Como eramos pouquiños, berramos moito! 🎵😀🎵


E o seguinte enlace vai dedicado a HUGO, para que saiba que aínda que hoxe non puidemos cantarlle o "Cumpleanos Feliz", 

prontiño o faremos

PARA TI, HUGO, ESTA CANCIÓN...


A vindeira semana, que tamén cumpre XOEL, celebraremos en condicións todos os aniversarios de marzo! 👏🏽👏🏽👏🏽

.................................


E xa que estamos festexando...
Aquí abaixo vos deixo unha fichiña cunha tarta para que lle poñades tantas candeas como aniños teñades. Podedes coloreala, debuxarlle as candeas ou facelas con churriños de plastilina.
Non vos esquezades de escribir o voso nome 
e o número de aniños que tedes. 
Seguro que o facedes fenomenal!!!


Se non tedes impresora, mamá ou papá pode debuxar unha tarta nun folio e listo!


FELICIDADES AOS QUE CUMPREN ANIÑOS E TAMÉN AOS QUE ESTÁN NA CASA PORTÁNDOSE FENOMENAL!! 
💗💗💗💗💗💗💗💗💗




Comentarios

Publicacións populares deste blog

CRONIÑÓN

DÍA DO AMOR