Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

CAPERUCITA ROJA

Imaxe
  Ola laciños!! Hoxe na clase adicamos un ratiño a CAPERUCITA ROJA... Contamos o conto e o representamos entre nós.  Na casa tamén podedes facer teatro con papá, mamá e (se tedes) algún irmán... Seguro que o pasades moi ben! Aquí tedes un vídeo cuns personaxes moi cantaríns: E para rematar e se vos apetece, podedes colorear a Caperucita FICHA CAPERUCITA ROJA  (para imprimir a Caperucita, pinchade aquí) DISFRUTADE MOITO DA FIN DE SEMANA!!

SON UN TROGLODITA!

Imaxe
  Ola nenas e nenos!! Aquí estamos de novo... Hoxe a nosa proposta é que vos convirtades en TROGLODITAS! Esta semana imos decorar a nosa porta con corpiños cavernícolas que pintaremos na clase. Vós tamén podedes facelos na casa e, cando voltedes ao cole, traelos para engadilos á nosa "cova" Na parte de abaixo desta publicación tedes un enlace para obter o/a cavernícola COMO FACELO?? - Coloreade as pernas, brazos e o mazo que leva na man - A roupa decorádea como queirades. A que faremos na clase deixarémola de cor branca e poñerémoslle pegadas marróns ou negras cos dediños. Pero, non vos preocupedes se non tedes témperas na casa, seguro que vos queda preciosa co que decidades facer - A cabeza non é necesario que a coloreedes porque imos recortala e substituíla pola vosa foto. Tamén, con lá de cor negra, faremos unha melenaza moi prehistórica :) SON UN TROGLODITA   (pincha aquí para imprimir a ficha do troglodita) Botámosvos moitísimo de menos!!

DÍA DO AMOR

Imaxe
  14 DE FEBREIRO - DÍA DO AMOR Ola nenas e nenos! Coma onte foi o día do AMOR, para celebralo estivemos a traballar este sentimento xunto con temas tan importantes como o respecto e a amizade. Ademais aprendimos as letras desta palabra: A-M-O-R.   Na aula tiñamos unhas tarxetiñas destas letras e fixemos así:  despois de mirar ben a palabra, misturamos as tarxetas e xogamos a ordenalas Na casa, coa axuda de mamá e papá, podedes facer algo parecido: cortades un folio en catro partes, un maior escribe cada unha das letras nas partes da folla e finalmente deberedes intentar colocalas ben... Seguro que o conseguides!! AMOR  (pinchar aquí para imprimir a ficha) Como facer a fichiña?  1- Escribide o voso nome no rectángulo inferior 2- Copiade nos cadrados as letras da palabra AMOR 3- Decorade o corazón (podedes colorealo, pintalo con pincel, pegarlle cachiños de papel... o que queirades!)