SON UN TROGLODITA!

 Ola nenas e nenos!!

Aquí estamos de novo...

Hoxe a nosa proposta é que vos convirtades en TROGLODITAS!

Esta semana imos decorar a nosa porta con corpiños cavernícolas que pintaremos na clase. Vós tamén podedes facelos na casa e, cando voltedes ao cole, traelos para engadilos á nosa "cova"


Na parte de abaixo desta publicación tedes un enlace para obter o/a cavernícola

COMO FACELO??

- Coloreade as pernas, brazos e o mazo que leva na man

- A roupa decorádea como queirades. A que faremos na clase deixarémola de cor branca e poñerémoslle pegadas marróns ou negras cos dediños. Pero, non vos preocupedes se non tedes témperas na casa, seguro que vos queda preciosa co que decidades facer

- A cabeza non é necesario que a coloreedes porque imos recortala e substituíla pola vosa foto. Tamén, con lá de cor negra, faremos unha melenaza moi prehistórica :)


SON UN TROGLODITA (pincha aquí para imprimir a ficha do troglodita)


Botámosvos moitísimo de menos!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ANIVERSARIOS

CRONIÑÓN

DÍA DO AMOR