CRONIÑÓN

 O conto de CRONIÑÓN

Ola nenas e nenos!! 

Recordades que estamos a aprender cousas da Prehistoria e os seus descubrimentos??

Hai días, na clase contamos o conto de Croniñón. Veña! Imos recordalo con este vídeo:



Gustouvos? Pois agora propoñémosvos unha cousiña... 

Que vos parece se facedes pegadas como as do neno prehistórico?

Se na casa tedes pintura, podedes facelas estampando as vosas mans nun papel...



Se non é así, debuxade cun lapis o contorno da man e logo un maior pode axudarvos a recortalas


Podedes facer as pegadas de todos os da casa, seguro que o pasades moi ben!!

Ata mañán!
 Recordade que na clase  
botámosvos moitísimo de menos!! ❤️


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ANIVERSARIOS

DÍA DO AMOR